Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nova conferencia da Copa de España 2007 de fútbol sala


# Mércores, 28/02/2007
Será ás oito e media, na Fundación Caixa Galicia, organizada polo Azkar Lugo

A Fundación Caixa Galicia acolle mañá, xoves, a partir das oito e media, a penúltima conferencia do ciclo de charlas organizado con motivo da celebración en Lugo da Copa de España 2007 de fútbol sala.

Este ciclo está organizado polo Prone Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes, entre outras entidades. Contempla unha serie de ponencias, que finalizarán o 8 de marzo, nas que se están a analizar os múltiples aspectos que o deporte en xeral, e o fútbol sala en particular, posúen. Por suposto, participan nas mesmas profesionais con experiencia e de ampla traxectoria e coñecementos nos temas a tratar.

A charla de mañá, a oitava do ciclo, leva por título O deporte como ferramenta de superación dos problemas sociais, e nela participarán como ponentes Marta Souto González, Delegada Provincial da Consellería de Cultura e Deporte en Pontevedra; Gonzalo Pérez Sánchez, coordinador do proxecto “Nuestro baloncesto integra”, e Alfredo Gómez Gónzález, tutor de deportistas de alto nivel no Comité Olímpico Español.

Durante a charla falarase da situación pola que o deporte, ademais de ser unha actividade física que aporta beneficios á saúde física e mental dun suxeito, convírtese nunha poderosa ferramenta que ben podería axudar a resolver ou reducir problemas sociais.

Como o resto de conferencias do ciclo, a entrada será libre e gratuíta. A próxima terá lugar o día 8 de marzo para falar da situación do deporte feminino.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova