Cargando....
Concello de Lugo
28/01/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Os lucenses prefiren os espazos públicos para a práctica deportiva


# Mércores, 28/02/2007
O Concelleiro explica que correr e camiñar son as actividades físicas máis desenvolvidas en Lugo

Máis do sesenta por cento dos lucenses que participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es afirman realizar a súa práctica deportiva diaria ao aire libre. Segundo se desprende dos datos, as zonas verdes urbanas son as preferidas.

Nesta enquisa participaron un total de 298 persoas, das que o 28,18% (84) prefiren a práctica deportiva nas zonas verdes urbanas. Así mesmo, o 17,44% (52) optan pola muralla e as rúas da cidade para mellorar o seu estado físico. A zona rural é tamén escollida por 45 persoas (o 15,10%).

Fronte a estos datos, os polideportivos públicos son usados polo 12,79% dos participantes. Ademais, un total de 56 persoas (o 18,79%) prefiren practicar diariamente nun ximnasio privado e o 1,3% na casa. Así mesmo, destaca un 7% que afirma non realizar práctica deportiva algunha.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, valorou esta enquisa como unha representación da situación de Lugo, na que a actividade física está presente nunha ampla porcentaxe da poboación. De feito as instalacións deportivas están ao cen por cento da súa ocupación “e eso que a ratio de instalacións por habitante é unha das máis altas do país”, dixo.

Indicou o Concelleiro que o deporte reglado ou federado non é do gusto da maioría dos lucenses, aínda que a actividade física en xeral sí o é. O máis habitual entre a poboación é andar, pasear ou correr, razón pola que a práctica deportiva ao aire libre é a máis común.

O Concelleiro indicou que as dúas liñas de traballo do Concello están en relación con esta tendencia. Por unha parte, o mantemento de mellora das instalacións e pola outra a ampliación e construcción de zonas de esparcimento nas que se poida conxugar a práctica de deportiva. Por outra banda, se están a promocionar o deporte non reglado como o Corre con Nós ou a Copa Umbro.

A enquisa estivo activa dende o 21 de febreiro até esta mañá e se enviaron seis comentarios. Na web está aberta a participación nunha nova enquisa, da que se coñecerá como se realiza o reparto das tarefas domésticas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova