Imprimir

COMEZA A SEMANA DA MOBILIDADE CUN CIRCUÍTO DE BICICLETAS PARA RAPACES ORGANIZADO POLO CONCELLO DE LUGO


17/9/2007 Usa a bici está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos

Preto dun cento de rapaces participaron na primeira das actividades preparadas polo Concello de Lugo para a celebración da Semana da mobilidade: Usa a bici. Consiste nun circuíto de bicicletas organizado pola Concellería de Educación e o Parque Infantil de Tráfico (PIT) dirixido a nenas e nenos dende os 8 ós 14 anos.

O obxectivo da actividade é impulsar os hábitos de Educación Vial a través do xogo, así como o coñecemento das normas viais. O circuíto conta con varias rúas e sinalización vertical para que os rapaces comprendan a necesidade de respectar as normas e ós outros conductores.

O Concello pon á disposición dos participantes 5 bicicletas tipo cadete, pero os rapaces tamén poden participar coa súa propia, sempre que se cumpra cos requisitos de seguridade e fagan uso do casco.

O circuíto estará ubicado na Praza de Anxo Fernández Gómez: o martes, mércores e venres, dende as 17 h. ata as 19:30 h.