Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Educación de Täby destacaron o éxito do programa de intercambio de estudiantes


# Luns, 24/09/2007
Esta iniciativa desenvólvese desde o ano 2000 entre o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e o Tibble Gymnasium de Suecia

O Alcalde, José López Orozco, recibiu aos estudantes da cidade sueca de Täby, que participan no programa de intercambio entre o centro sueco Tibble Gymnasium e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

O acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 12:15 horas. Os 20 alumnos suecos acudiron acompañados pola Concelleira de Educación do consistorio de Täby, Sofia Paulsson, e pola directora do seu centro educativo. No acto, tamén participaron o director do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e varios profesores.

Este é o segundo encontro que se celebra este ano entre o Alcalde e os alumnos que forman parte deste proxecto de intercambio de estudantes, que se desenvolve entre os dous institutos desde o ano 2000.

O Alcalde manifestou a súa ledicia por esta visita que “xa se convertiu nunha tradición, despois de sete anos recibindo a todos os participantes deste programa educativo”. José López Orozco salientou o importante papel que desempeñan este tipo de actividades, pois sirven para descubrir novas culturas e pobos e destacou “como o entedimento, o respeto e o coñecemento mutuo serven para foementar unha convivencia pacífica entre os europeos”.

Tanto o mandatario municipal lucense como a edil sueca coincidiron en destacar o éxito deste programa de intercambio, que cobra unha dimensión humana e educativa moi importante, tanto para os alumnos como para as familias de acollida e mesmo para os profesores. Precisamente, Sofía Paulsson propuxo unha ampliación desta iniciativa a outros cursos, aparte do nivel de bacherelato, debido á participación acadada nestes 18 intercambios.

A Concelleira de Educación entregoulle ao Alcalde unha pintura típica de Suecia, cun estilo primitivo que recolle os fundamentos pedagóxicos aplicados no país nórdico. Pola súa banda, José lópez Orozco, agasallou ao centro cunha reproducción da fachada da Catedral.

No acto tres alumnos de Täby amosaron os seus coñecementos do español e coincidiron en destacar “o calor humano que todos os lucenses lles prodigan ano tras ano”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova