Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello edita un libro cos relatos curtos premiados no certame Trapero Pardo


# Mércores, 26/09/2007
Os 12 contos recollidos gañaron as edicións de 2005 e 2006

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron un libro cos relatos curtos premiados no certame Trapero Pardo. O acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 18:00 horas desta tarde.

O Concello edita cada dous anos unha publicación que recolle os contos gañadores deste concurso organizado pola Concellería de Educación para mozos de 12 a 18 anos de idade. Nesta ocasión, aparecen publicados os doce traballos gañadores nas edicións de 2005 e 2006.

Na presentación do libro estiveron presentes os rapaces premiados que recibiron de mans do Alcalde e da edil unha bolsa con seis exemplares como agasallo. O Alcalde felicitou aos rapaces polo seu talento e lles animou a seguir escribindo e a ler moito xa que “os grandes escritores sempre son grandes lectores, ademais de ter unha especial capacidade para observar a realidade que os rodea”, tal e como puntualizou López Orozco.

As obras recollidas son as dos seguintes autores:

- Da edición do ano 2005

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS

• Noelia Martínez Rey, coa obra Catro vidas infinitas.

• Lucía Barrera López, coa obra O libro das aventuras esquecidas.

• Samuel Couso Canto, coa obra O Vampiro Casimiro II.

CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS

• Diana Mandiá Álvarez, coa obra O sétimo fillo.

• Sonia Mandiá Álvarez, coa obra Cartas.

• Nerea Pallares Vilar, coa obra Roca Renzo. Galgo, paxaro e vento.

Do ano 2006

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS

Lucía Barrera López, coa obra A poza corsaria.

Cristina García Cibreiro, coa obra Querido avó.

Noelia Martínez Rey, coa obra Lixo.

ANO 2006 - CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS

Nerea Pallares Vilar, coa obra Xasp.

Eva Vilar Coira, coa obra O silencio baleiro.

Alba López Alonso, coa obra A vida dos vellos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova