Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A XVII Mostra de Teatro Infantil inclúe seis obras para todos os públicos


# Martes, 16/10/2007
A actividade terá lugar do 16 de outubro ó 21 de novembro

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comenzou hoxe, martes 16 de outubro, a XVII Edición da Mostra de Teatro Infantil. Esta actividade organizada dende o Concello de Lugo conta cada ano con unha maior demanda.

Serán en total seis obras de teatro con varias representacións cada una de distintas compañías de renome nacional e internacional. AS representacións comezaron hoxe e se prolongarán ata o 21 de novembro. Terán lugar alternativamente no Auditorio Gustavo Freire e no Centro Social de Fingoi.

As obras repetiranse en varios pases na xornada de mañá, que só serán para grupos de escolares. Un día á semana haberá unha representación pola tarde, ás sete, aberta a todo o público. Os prezos serán de 1 euro para os nenos e 2 para adultos.

A primeira destas representacións é do grupo Lavi e Bel coa obra Petit Cabaret, dirixida a nenos de Educación Infantil. Trátase dunha representación na que os protagonistas se atopan cos seus propios medos. Será de martes a xoves ás once e doce da mañá (agás o mércores que será únicamente ás 11:00 horas) no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

A seguinte semana a compañía belga Theatre de la Guimbarde representará a obra Rocas. Poderá verse o martes 23 de outubro ás dez e ás doce da mañá e o mércores 24 e xoves 25 ás once da mañá, no Auditorio Gustavo Freire.

Esta obra conta a aventura duns rapaces que tratan de desafiar o prohibido, de superar os límites,… A representación trata de atopar a realidade adolescante, descubrir os medos dos rapaces, as súas preocupacións.

As representacións continuarán no mes de novembro coa obra Que vén o lobo, de Kamante, para nenos de Primaria, os días 5, 6 e 7 do mes que vén; e o 12 e 13 de novembro a compañía Achiperre representará a obra Henrique V.

O Ciclo remata con outras dúas obras para pequenos: Robinson e Crusoe, de La Machina Teatro o 15 e 16 de novembro, e Parapapel, do grupo Moléculas o 20 e 21 de novembro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova