Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de inscrición para a Escola de Xadrez do Concello de Lugo


# Martes, 23/10/2007
Os interesados poderán apuntarse ata finais do mes de outubro

Xa comezou a inscrición para os distintos niveis da Escola de Perfeccionamento ao Xadrez, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro. Este ano, como novidade, inclúense tamén clases de iniciación e perfeccionamento para familiares.

Haberá diferentes grupos dependendo da idade e do nivel dos alumnos:

- Prexadrez : Para mozos/as ata os 8 anos. Sábados de 16:30 a 17:30 horas.
- Iniciación: Venres de 18:00 a 19:00 horas.
- Perfeccionamento: Xoves e venres de 19:00 a 20 :30 horas e sábados de 11:00 a 12:15 horas.

- Para familiares: Clases de perfeccionmiento e de iniciación, pendente de fixar o horario.
- Voluntarios e monitor: Serán os domingos de 16:30 a 18:30 horas.

Cada grupo estará formado entre 5 e 10 alumnos, que serán atentidos de xeito persoalizado dependendo das súas necesidades e progresos. Ademais, disporán de material didáctico de apoio para realizar na casa.

As clases impartiranse ata o 30 de maio no local que ten a Escola Lucense no Parque da Milagrosa.

Os interesados en obter información ou inscribirse poden facelo na dirección electrónica castruperarrobayahoo.es ou no número de teléfono: 657 974 937 ata finais do mes de outubro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova