Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un curso para a mellora da convivencia nos centros educativos da cidade


# Luns, 12/11/2007
Os obxectivos perseguidos son a educación na tolerancia, na solidariedade e na solución pacífica de conflitos

O Centro Social de Fingoi acolle un curso homologado para o profesorado organizado pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, dentro do programa Vivir Xuntos, Convivir. O curso terá lugar o 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de novembro e o 3, 4 e 10 de decembro de 17:30 a 20:30 horas.

É unha proposta do Concello de Lugo para ofrecer á comunidade educativa unha serie de recursos orientados á mellora da convivencia en todos os ámbitos da sociedade. Trátase dunha proposta educativa que, partindo dunha redefinición do conflito, intenta difundir técnicas de solución de problemas baseadas nos principios da violencia, a tolerancia e o respeto mutuo.

O obxectivo é educar na tolerancia, na solidariedade e na solución pacífica de confitos, abordando os seus aspectos negativos para transformalos eliminando a violencia e destructividade que xeran normalmente. Trátase de converter as situacións conflitivas que se viven nas aulas e nos centros educativos en oportunidades de aprendizaxe e mellorar así o clima de traballo e a convivencia escolar para previr a violencia e eliminar o maltrato entre iguais.

O curso está dirixido ó profesorado, alumnado e familias de alumnos de educación Infantil, Primaria e Secundaria da cidade.

Pódese obter máis información chamando ó 982 284 815 ou mandando un correo electrónico a educaciónarrobaconcellodelugo.org.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova