Imprimir

O MAGO RAFA ACTÚA O SÁBADO EN RECIMIL


5/1/2007 Será ás seis da tarde no local social

O Mago Rafa actuará mañá, sábado, na parroquia de Recimil dentro dos actos organizados para o Nadal polas distintas parroquias en colaboración co Concello.

Esta actuación foi organizada pola Asociación de Veciños Cruceiro de San Lourenzo, en colaboración co Concello. Está prevista para as seis da tarde no local social.

Os veciños anunciaron que, unha vez rematada a intervención do mago, haberá varias sorpresas para os pequenos que vexan o espectáculo.