Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un curso de iniciación á informática para inmigrantes e emigrantes retornados


# Venres, 12/01/2007
Comezará o día 24 deste mes

O Concello de Lugo organizou un curso de alfabetización informática destinada a persoas inmigrantes ou emigrantes retornados, que carecen de coñecementos nesta materia ou teñen un nivel básico.

O curso dará comezo o día 24 de xaneiro e terminará o 2 de febreiro en horario de catro e media a oito e media cun total de 32 horas lectivas. Existe un máximo de 15 prazas e cada alumno disporá do seu propio ordenador. Impartirase no Centro de Empresas e Innovación, situado no antigo cuartel de Garabolos.

Ao final, entregaráselles un diploma acreditativo da súa asistencia e o contido do mesmo, e de material didáctico sobre os coñecementos que se impartiron.

O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse nos centros sociais da Milagrosa ou do Uxío Novoneyra. Este curso está organizado a través da Concellería de Muller e Benestar Social, concretamente pola oficina de atención ao inmigrante.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova