Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

As Gándaras acolle a cuarta carreira do circuíto Corre con Nós o sábado


# Martes, 13/03/2007
A saída será ás cinco da tarde da Polvareira

 sábado celebrase a cuarta carreira (5ª para rapaces) do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007. Terá lugar na Polvareira das Gándaras a partir das cinco da tarde.

Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español. Están organizadas polo Concello de Lugo e patrocinadas por As Termas e Begano Coca Cola.

Trátase dun circuíto composto por unha carreira por mes con catro categorías para pequenos e dez para adultos. Na proba do sábado establécense os seguintes percorridos:

-Categoría A: 560 metros en pista de terra.
-Categoría B: 1.300 metros en pista de terra.
-Categorías C/D: 2.635 metros en terra e asfalto.
-Categorías E a M: 4.990 metros en terreo mixto.

Para evitar as tradicionais aglomeracións o día da carreira novamente non se permitirá a nova inscrición. Tomouse esta medida para manter un nivel organizativo de cara aos atletas xa inscritos e evitar alterar os horarios establecidos, xa que está prevista novamente unha elevadísima participación. A inscrición pecha o venres ás dúas da tarde.

Deste xeito, os inscritos que xa participaran nas outras carreiras poderán usar o dorsal e o chip que xa posúen e os que non o teñan poderán recollelo até unha hora antes do comezo da carreira.

As oito carreiras do circuíto rematarán o 10 de xuño no marco do parque da Milagrosa.

Participando en cinco carreiras do circuíto, tanto pequenos como adultos, obterán como premio un vale de 60 euros para trocar por material deportivo en Deportes Élide. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Os interesados en inscribirse ou informarse sobre os percorridos e os horarios poden facelo a través da web www.deportes.lugo.es/correconnos ou na municipal www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova