Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio acolle a segunda proxección anual do ciclo Cine Ensino


# Xoves, 18/01/2007
Está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias

Un total de 856 alumnos do primeiro ciclo de Secundaria de nove centros de ensino da cidade de Lugo participan mañá, venres, nunha nova xornada de Cine Ensino, organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias.

Trátase da segunda proxección do curso actual e nela poderá verse a película Sky High, una escuela de altos vuelos. Como sempre, haberá dúas sesións, ás dez e ás doce, as dúas no Auditorio Gustavo Freire.

Con este filme tratarase a búsqueda de emocións e sensacións. Cunha duración de cen minutos e unha excelente banda sonora, a película narra as aventuras dun grupo de estudantes na escola de superhéroes. Pasarán por situacións comprometidas que obrigarán a estes mozos a reflexionar sobre o consumo de substancias.

Esta actividade educativa e preventiva, dirixida aos alumnos de 1º e 2º da ESO, conseguiu superar todas as previsións, xa que a demanda dos centros supera a oferta posible. Os técnicos do Concello empregan o cine para a transmisión de valores e a prevención de drogas. Ao mesmo tempo que os alumnos se divirten, celébranse coloquios educativos.

Durante a representación, os rapaces reciben unha ficha que deben entregar na seguinte representación e tratan o tema na clase dentro dunha unidade didáctica.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova