Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pecha o prazo de solicitude de praza para os cursos de natación en Frigsa e nas Pedreiras


# Xoves, 15/03/2007
A matrícula farase dende o mércores nas instalcións de Frigsa

A Concelleira de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, pecha mañá, venres, o prazo de solicitude de praza para os cursos de natación que se organizan nas piscinas de Frigsa e As Pedreiras.

A solicitude de praza ten que facerse na piscina onde desexe realizar o curso. O prazo de matrícula será entre o 21 e o 28 deste mes e só poderá realizarse nas instalacións do parque da Milagrosa.

Como en anteriores anos, os cursos en Frigsa son para adultos nas categorías de iniciación, aprendizaxe e perfeccionamento, en distintos horarios dende as oito da mañá até as dez menos cuarto. Haberá clases en dúas quendas diferentes: os luns, mércores e venres e os martes e xoves.

Para os nenos hai tamén as tres categorías de aprendizaxe pero en quendas de dous días: luns e xoves, martes e venres e mércores e sábado. O custe mensual do curso é de 17 euros para nenos e de 20,50 para adultos en quendas de dous días. Con tres días de clase á semana o prezo do curso ascende a 27,30 euros.

Na piscina das Pedreiras só se impartirán clases de aprendizaxe e de iniciación en quendas de dous días: luns e mércores e martes e xoves.

Os prezos do curso e os horarios dispoñibles poden consultarse nas instalacións das piscinas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova