Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aposta polo Fútbol 7 cun torneo para veteranos


# Venres, 16/03/2007
A competición terá lugar en abril e, por vez primeira, Lugo acollerá un torneo destas características

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto a Jesús Pacios, presidente da Asociación Deportiva e Cultural Residencia, a primeira edición do Torneo de Fútbol 7 "Semana Santa". É a primeira vez que se celebra en Lugo unha competición desta modalidade futbolística e, tal e como explicou o edil, "isto é posible grazas ás reformas acometidas no Campo da Cheda, que agora ten as condicións ideais para albergar competicións".

O torneo celebrarase os días 3, 4 e 5 de abril e os encontros disputaranse nos seguintes horarios:
- Luns 2, de 22:00 a 24:00 horas;
- Martes 3, de 20:30 a 24:30 horas;
- Mércores 4, de 10:00 a 13:00 horas e pola tarde de 17:30 a 20:00 horas.

Está prevista unha participación de 16 equipos de 15 xogadores. Todos os interesados en participar poden formalizar a súa inscrición nas oficinas que a Asociación Residencia ten no Campo da Cheda ata o vindeiro 28 de marzo. O día 30 está programado o sorteo dos partidos.

A organización establece sete categorías de galardóns: catro premios para os catro primeiros clasificados, un premio ao xogador con máis goles, un ao porteiro menos batido e un premio á deportividade. Todos consisten nun trofeo.


O torneo será clausurado o día 5 de abril coa entrega dos trofeos e cunha merenda de exaltación da convivencia e de reflexión sobre a práctica deportiva na categoría dos veteranos.

O Concello aposta polo desenvolvemento na cidade do Fútbol 7 coa intención de crear unha liga desta modalidade futbolística de cara a temporada do ano que vén. José Manuel Díaz Grandío destacou que "hai que procurar poñer a Lugo no nivel doutras cidades españolas, como Vigo, onde este deporte ten moito éxito". Esta iniciativa responde á demanda de moitos deportistas maiores de 35 anos que se vén obrigados a abandoar a práctica do fútbol 11 por falta de tempo para adestrar.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova