Imprimir

LUGO ACOLLE O II TORNEO POLVORÍN DE FÚTBOL BASE


29/3/2007 A competición celebrarase os días 6, 7 e 8 de abril e enfronta a 16 equipos galegos

Tras este acontecemento iniciaranse as obras de reforma do campo do Polvorín

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao Xefe Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, e os directivos do SDeC Polvorín, Julián Carballo e Carmen Télez, o II Torneo de Polvorín de Fútbol Base.

Esta competición celebrarase os días 6, 7 e 8 de abril no campo municipal do Polvorín e "é unha boa oportunidade de que os nenos da cidade gocen do deporte nas vacacións de Semana Santa" tal e como sinalou o edil.

No torneo participan 16 equipos galegos nas categorías de alevín e benxamínm entre eles achéganse rapaces de Ribadeo, Sarria, Ourense, Vilalba ou Lalín e está previsto un éxito de participación e de público. O domingo diputaranse as finais das dúas categorías das que sairán os campións.

Díaz Grandío anunciou que, tras a celebración desta competición, iniciaranse as obras de reforma do campo municipal do Polvorín, seguindo coa política de mellora de todas as instalacións deportivas da cidade.