Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UN NOVO CURSO DE PESCA NO PARQUE A MILAGROSA


2/4/2007 A inscrición, totalmente gratuíta, estará aberta até o día 12

A Concellería de Deportes celebrará na segunda quincena do mes de abril un curso de pesca para principiantes no que se incluirán saídas ao río durante as fins de semana.

O curso desenvolverase os martes e xoves correspondentes aos días 17, 19, 24 e 26 de abril. As saídas ao río serán os sábados 21 e 28.

No curso impartiranse distintos contidos, como montaxe, entomoloxía, nudos, lance e pesca á ninfa. A presentación será o día 16 de abril de oito a dez da noite, o horario que terá o curso.

Este curso celébrase de forma tradicional por parte do Concello de Lugo e o lugar escollidos é a Aula de Vías e Obras Municipal, situada no parque da Milagrosa. Como vén sendo habitual, este cursos será de libre acceso e totalmente gratuíto.

A inscrición para o curso permanecerá aberta até o día 12 e ésta pode facerse nas oficinas da Concellería de Deportes (nas piscinas de Frigsa), no teléfono 982 20 63 40 ou a través do correo electrónico deportes@concellodelugo.org.