Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pecha o prazo de inscrición para un curso de pesca no parque a Milagrosa


# Mércores, 11/04/2007


A Concellería de Deportes celebrará na segunda quincena do mes de abril un curso de pesca para principiantes no que se incluirán saídas ao río durante as fins de semana.

A inscrición, que pechará mañá, xoves, pode facerse nas oficinas da Concellería de Deportes (nas piscinas de Frigsa), no teléfono 982 20 63 40 ou no correo electrónico deportesarrobaconcellodelugo.org.

O curso desenvolverase os martes e xoves correspondentes aos días  17, 19, 24 e 26 de abril. As saídas ao río serán os sábados 21 e 28.

No curso impartiranse distintos contidos, como montaxe, entomoloxía, nudos, lance e pesca á ninfa. A presentación será o día 16 de abril de oito a dez da noite, o horario que terá o curso.

Este curso celébrase de forma tradicional por parte do Concello de Lugo e o lugar escollidos é a Aula de Vías e Obras Municipal, situada no parque da Milagrosa. Como vén sendo habitual, este curso será de libre acceso e totalmente gratuíto.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova