Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias asesora á Axencia Internacional Antidrogas para a creación de plans de prevención


# Venres, 26/01/2007
Carmen Basadre presentou un balance do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias

A Concelleira salienta a eficacia da prevención e a educación como armas de loita contra as drogodependencias.

Convocado un concurso de carteis para as I Xornadas Lucenses de Prevención de Drogopependencias.

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou esta mañá o balance das actividades postas en marcha dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias no pasado ano. O excelente traballo desempeñado por este servizo foi o motivo polo que foi seleccionado polo Ministerio de Sanidade para asesorar a Axencia Internacional Antidrogas en materia de campañas de prevención. Para levar a cabo esta misión unha técnica do servizo trasladouse oito días a Rumanía, pais onde se sitúan as oficinas deste organismo internacional.

A edil explicou que este servizo está co-financiado polo Plan de Drogas de Galicia e polo Plan Nacional Antidrogas, que concede orzamentos dos bens decomisados. Precisamente, no ano 2005 concedéronos 52.000 euros e no 2006 aumentaron a partida ata os 82.000 euros, a mesma cantidade que vai recibir este ano. Este incremento nos orzamentos débese a que cada ano se levan a cabo máis iniciativas e nas que cada vez participa máis xente.

Entre os programas desenvolvidos por este servizo destaca Educar para previr que se desenvolve ao longo do curso escolar nos colexios da cidade e que vai dirixido a nenos de 5 a 12 anos. Consiste nunha serie de actividades didácticas sobre as distintas drogodependencias coa finalidade de fomentar un espíritu crítico. O número de escolares participantes nesta iniciativa pasou de 1.632 no ano 2005 a 2.392 no ano 2006. Cos debuxos realizados por estos rapaces elabórase un calendario que, ademais de recoller os seus traballos, ofrece unhas recomendacións contra as drogas.

Unha iniciativa que se estreou o ano pasado foron As axendas preventivas para pais nas que se unha información moi detallada sobre como educar aos fillos en hábitos saudables e sobre estratexias de prevención de drogodependencias. As axendas foron entregadas a 4.348 pais e nais.

Outro sistema posto en marcha é o das axendas preventivas para alumnos, que este ano modifican o seu formato para facelo máis accesible para os mozos. Nelas se inclúen uns libriños explicativos sobre cada tipo de drogas (como a cocaína, o cannabis, o alcohol ou o tabaco) nos que se detallan as características e efectos perniciosos do seu consumo. Están dirixidas aos alumnos de 5º e 6º de primaria. No ano 2005, 560 alumnos traballaron con elas e no ano 2006 o número de rapaces case se triplicou, ascendendo a 1564.

Este ano, o servizo de prevención amplía todas as actividades de prevención escolar destinadas a alumnos de primaria e secundaria ós estudantes universitarios. No ano 2005 repartíronse 3.624 unidades didácticas nos centros de ensino; este número medrou no 2006 ata as 4.358, pois aumentaron os profesores que desenvolven as clases accións de prevención.

Web e outras actividades

A edil salientou que a páxina web do Servizo de Prevención de Drogodependencias é o cuarto sitio máis visitado en www.lugo.es no 2006 acadando 22.850 visitas, o que supón un espectacular aumento con respecto as 9.378 obtidas no 2005.

Outra iniciativa é a do Cinensino destinada a alumnos de 1º e 2º de ESO e na que participan unha media de 856 estudantes. O ciclo deste ano remata o 10 de abril e consiste na proxección dunha serie de películas seleccionadas.

O Servizo de Prevención de Drogodependencias tamén celebra unha serie de charlas para pais e nais nas que lles ofrece información e asesoría aos proxenitores sobre como detectar problemas coas drogas, como educar na prevención ou como actuar ante situacións problemáticas. No ano 2005 participaron neste programa 438 pais e no 2.006 subiu ata 686.

Un dos principios cos que traballa este servizo é diversificar as actividades e unha das máis orixinales que levan a cabo é o programa de Prevención a través do Teatro, que duplicou o número de participantes pasando dos 320 de 2005 a 600 no 2006. Está destinada a alumnos de primaria e de ESO e nela os rapaces atopan unha perspectiva novidosa de abordar o tema das drogas.

Cómic informativo

A concelleira presentou a publicación dun cómic no que se tratan os problemas de saúde, económicos e sociais que causa o consumo de substancias tóxicas. Carmen Basadre destacou o importante labor informativo e de concienciación que realizan este tipo de publicacións nas que se busca difundir dun xeito claro e directo as consecuencias das drogas. Reiterou o compromiso da súa concellería en materia de prevención o sinalar a educación e a implicación de pais e profesores como as armas máis eficaces na loita contra as drogas. “Do que se trata é de que a xuventude tenga un espíritu crítico e para iso hai que dotalos das habilidades necesarias para saber discernir entre o bo e o malo”, afirmou Carmen Basadre.

Concurso de carteis

A edil presentou un certame de deseño para elixir o cartel da primeira edición das Xornadas Lucenses de Prevención de Drogodependencias, que se celebrarán en primavera baixo o lema “Misión globalizadora”.

No concurso poden participar mozos de 16 a 25 anos de idade e poderán empregar calquer técnica artística. O prazo remata o vindeiro día 31 ás 13:00 horas e os traballos se presentarán nas oficinas do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, situado no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra. Para máis información poden consultar a web www.prevenciondrogas.lugo.es.

O faio do concurso resolverase o vindeiro 9 de febreiro de 2007 ás 12 horas e o premio consiste nun ordenador portátil.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova