Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Plan Nacional de Drogas subvencionan un curso de vixiante de seguridade


# Martes, 06/02/2007
A inscrición permanecerá aberta até o día 13 no Servizo de Prevención de Drogodependencias

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Área de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, vén de organizar un curso de vixiante de seguridade, que se impartirá a cargo do Grupo Cetssa.

Este curso está subvencionado polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo, o que fixo que quedase reducido a un tecio o prezo do curso, que normalmente ronda os 900 euros e polo que agora se pagarán 320.

O prazo de inscrición para este curso, para o que hai un número limitado de prazas, remata o día 13 de febreiro. Esta deberá realizarse no Servizo de Prevención de Drogodependencias, situado no Centro Social Uxío Novoneyra, cunha fotocopia do DNI e unha fotografía tamaño carné. Os interesados en ter máis información sobre o mesmo poden chamar ao teléfono 982 284 816.

O curso impartirase os venres, de catro a dez, e os sábados de nove a dúas e de catro a dez, cunha duración de 180 horas a partir do 16 de febreiro. Ademais, o día 4 de maio realizarase a clausura e a entrega de certificados.

Os contidos do curso dividiranse en dous módulos, xurídico, socio profesional, técnico profesional e instrumental. Neste último trataranse temas como as comunicacións, detección, contra incendios, primeiros auxilios, preparación física, defensa persoal, armamento e tiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova