Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza a segunda edición do Imos Andando


# Luns, 16/04/2007
Unha camiñata até a ETAP, comida con baile e tute, forman parte do programa

Os Concelleiros de Servizos Sociais e Deportes, Carmen Basadre e José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe a segunda edición de Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente por estas dúas Concellerías e dirixida principalmente aos maiores de 60 anos, que terá lugar o 5 de maio.

O programa consiste nunha caminata con saída da praza Maior e remate na zona verde ao lado da estación elevadora de auga, onde haberá distintas actividades de confraternidade durante toda a tarde. Serán un total de 6 quilómetros de marcha, que comezará ás doce do mediodía.

Unha vez neste espacio, haberá un xantar popular con baile a cargo da orquestra Emperadores, ademais dun campionato de tute e outras actividades. Haberá servizo de autobuses dende as catro e media até o final da xornada para facer o viaxe de volta á cidade.

O prazo de inscrición para esta actividade será até o 30 de abril e deberá facerse nos centros sociais e nas piscinas municipais.

Os Concelleiros lembraron o éxito que tivo esta actividade o ano pasado pero decidiron acortar un pouco o percorrido (que foi no 2006 de 8 quilómetros) para adaptalo a todas as capacidades posibles.

Díaz Grandío indicou que esta actividade, que é totalmente gratuíta, “tenta recuperar as caminatas pola beira do río”. Lembrou que xa tivo moito éxito o ano pasado e que este ano espérase unha alta convocatoria.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova