Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha estudante gaña o certame de deseño do cartel das I Xornadas Lucenses de Prevención de Drogodependencias


# Mércores, 07/02/2007


O xurado do certame de deseño do cartel promocional das primeiras Xornadas Lucenses de Prevención de Drogodependencias, reuníuse esta mañá para seleccionar o cartel gañador desta primeira edición. O faio foi emitido ás 13:45 horas, tras máis dunha hora de deliberación, e declara a selección do cartel titulado "Pensa en ti".

A autora da obra galardonada é, Cristina López Astorgano, unha estudante de fotografía da Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón da cidade, que recibirá como premio un ordenador portátil.

Os membros do xurado foron Francisco Eiros, representante da Servizo Municipal de Drogodependencia, María Luz Ónega Díaz, Beatriz González López, Lorena López Mera e Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Muller e Servizos Sociais. Todos coincidiron en salientar a magnífica calidade dos traballos, cousa que dificultou a elección do cartel gañador.

A primeira edición deste concurso acadou un notable éxito de participación, pois se presentaron un total de 27 obras cunha maioría de procedencia lucense.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova