Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O paseo do Rato acolle o domingo a quinta carreira do Corre con Nós


# Mércores, 18/04/2007
A saída será ás doce da mañá do cruce coa N-VI

O domingo celebrase a quinta carreira (6ª para rapaces) do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007. Terá lugar no paseo do Rato a partir das doce da mañá.

Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español. Están organizadas polo Concello de Lugo e patrocinadas por As Termas e Begano Coca Cola.

Trátase dun circuíto composto por unha carreira por mes con catro categorías para pequenos e dez para adultos. Na proba deste domingo establécense os seguintes percorridos:

-Categoría A: 800 metros en circuíto de ida e volta
-Categoría B: 2.000 metros
-Categorías C/D: 3.000 metros
-Categorías E a M: 6.000 metros

Para evitar as tradicionais aglomeracións o día da carreira novamente non se permitirá a nova inscrición nesa data. Tomouse esta medida para manter un nivel organizativo de cara aos atletas inscritos e evitar alterar os horarios establecidos, xa que está prevista novamente unha elevadísima participación. A inscrición pecha o venres ás dúas da tarde.

Deste xeito, os inscritos que xa participaran nas outras carreiras poderán usar o dorsal e o chip que xa posúen e os que non o teñan poderán recollelo até unha hora antes do comezo da carreira.

As oito carreiras do circuíto rematarán o 10 de xuño no marco do parque da Milagrosa.

Participando en cinco carreiras do circuíto, tanto pequenos como adultos, obterán como premio un vale de 60 euros para trocar por material deportivo en Deportes Élide ou en A-Sports 21, dependendo da categoría. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Os interesados en inscribirse ou informarse sobre os percorridos e os horarios poden facelo a través da web www.deportes.lugo.es/correconnos.

Os atletas terán o aparcadoiro obrigatorio dos seus vehículos no pazo universitario a carón das pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera. A próxima carreira será o 19 de maio, no Paseo do Miño.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova