Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os concellos de Lugo e Louga iniciarán proxectos comúns


# Venres, 09/02/2007
Un lucense que fai traballos sociais no país senegalés fixo de nexo de unión entre os municipios

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, recibiu hoxe no Salón de Plenos á representación do municipio senegalés de Louga (que significa Lugo). Grazas ós traballos sociais dun lucense, Manuel Méndez, os dous concellos iniciarán intercambios culturais e proxectos en común.

“Podemos traballar conxuntamente a través dos proxectos de cooperación”, afirmou Carmen Basadre ó representante que falaba en nome do goberno municipal de Louga. Os municipios, xa vinculados polo seu nome, iniciarán intercambios culturais e tentarán estreitar os seus lazos de unión.

Louga está situado no centro do Senegal, a 300 quilómetros de Dakar. É un pobo con necesidades económicas, marcado pola existencia dos caiucos e o drama da emigración. “Non chega o diñeiro en África a onde debe chegar”, afirmou o representante ó tempo que explicou os esforzos do seu alcalde por fixar a poboación no concello.

Carmen Basadre fixo de anfitriona nesta visita. Explicou as raíces da nosa cidade e os proxectos nos que está a traballar. Para rematar, a Concelleira entregoulle ó representante a reprodución do centro histórico e recibiu, en nome de Louga, unha escultura senegalesa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova