Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a oitava edición do torneo de prebenxamíns Escuela Terra


# Mércores, 02/05/2007
Terá lugar todos os sábados entre o 5 de maio e o 9 de xuño

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o VIII Torneo de Prebenxamíns de Fútbol Sala “Escuela Terra”, que terá lugar entre os días 5 de maio e 9 de xuño nas instalacións do Centro Deportivo Terra. O edil estivo acompañado polo Xerente Adxunto de Transportes Azkar en Lugo, Oriol Gonzalvo, o Xerente do Azkar Lugo FS, Óscar Hermida, e o coordinador do torneo, Diego Ríos.

Esta competición que acada xa a súa oitava edición, está organizada polo Azkar Lugo FS e conta coa colaboración do Concello de Lugo. Tamén participan a Federación de Árbitros de Lugo e prestan o seu patrocinio Transportes Azkar, Coca-cola e Aquarius.

José Manuel Díaz Grandío sinalou a importancia de fomentar o deporte en idades tan novas e que hai oito anos que se asumiu esta necesidade como un reto coa creación desta competición deportiva, xa plenamente asentada. Nestas categorías, que collen as idades de 6 e 7 anos, non son habituais as competicións escolares, pero esta temporada avanzouse na aposta por fomentar hábitos deportivos coa creación dunha liga.

Esta VIII edición do torneo contará coa participación de 20 equipos que participarán nun total de 60 partidos. Os encontros disputaranse os sábados das vindeiras seis fins de semana: 5, 12, 19 e 26 de maio e o 2 e 9 de xuño. Os xogos disputaranse entre as 9:30 e as 14:30 horas.

Como nas anteriores edicións, a competición estará dividida en dúas categorías e, a súa vez, cada una de elas en dos subgrupos. Na segunda fase decidiranse os campións de cada unha das divisións. As finais xogaranse o día 9 de xuño, día no que rematará o torneo coa entrega dos trofeos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova