Imprimir

O NOVO VASO DA PISCINA CUBERTA DE FRIGSA E A AMPLIACIÓN DAS INSTALACIÓNS SUPERARÁN OS DOUS MILLÓNS DE EUROS


11/5/2007 O Alcalde e o Concelleiro de Deportes explicaron o proxecto que apostará pola enerxía solar e a accesibilidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron o proxecto de reforma integral dos vestiarios da piscina cuberta e climatizada de Frigsa, así como a creación dun novo vaso. As obras suman 2.326.000 euros e serán sufragadas polo Concello de Lugo e a Xunta de Galicia. A ampliación das instalacións permitirá ofrecer un mellor servizo ós cidadáns, xa que na actualidade hai lista de espera para os cursos de natación e as piscinas do Concello suman máis de 300.000 usos ó ano.

“Esta obra é un vello sono e, curiosamente, me toca facer obras nunha piscina que comecei facer eu cando era Delegado da Consellería de Cultura”, explicou o Alcalde. A reforma das instalacións contempla: a creación dun novo vaso coas mesmas dimensións que o actual; a eliminación do talúd de terra que existe entre a piscina e as pistas de tenis; a demolición das rampas de acceso para favorecer a accesibilidade ó recinto, dando paso a unha nova entrada con ascensores, aproveitamento do espazo aporticado, vestíbulo de dobre altura, escaleiras de acceso, locais para monitores, almacén, aseos para persoas con discapacidade, etc.

Precisamente a accesibilidade será unha das grandes apostas. Actualmente, o vaso é accesible e o polideportivo tamén pero non as oficinas da Concellería de Deportes, que está na planta superior. De ahí que no proxecto esté previsto solucionar o problema.

Ademais, nas novas instalacións primarán as enerxías alternativas. A enerxía solar será empregada para quentar a auga, “co cal facemos aforro enerxético, contribuímos a que non haxa cambio climático e melloramos as instalacións”, dixo o Alcalde.

As obras serán contratadas o vindeiro ano a cargo dos presupostos do Concello de Lugo e Xunta de Galicia.