Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o Foro de Comunicación e Xuventude do Colexio Profesional de Xornalistas en colaboración co Concello


# Luns, 12/02/2007
Está destinado a profesionais da comunicación, estudantes e ao público interesado na realidade da mocidade

O vindeiro 22 de febreiro Lugo acollerá no salón de actos do Centro social Uxío Novoneyra o Foro Internacional de Comunicación e Xuventude que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Observatorio Galego dos Medios en colaboración co Concello de Lugo. Está xornada está encadrada dentro do Seminario Permanente de Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social que programa catro conferencias temáticas nas cidades cabeceira das catro provincias galegas.

Este seminario pretende proporcionar aos profesionais da comunicación, estudantes e público en xeral un foro aberto de opinión e estudo sobre diferentes temas sociais. Pontevedra e A Coruña acolleron debates sobre Xénero e Discapacidade respectivamente; a Lugo tocaralle abordar a realidade da mocidade galega dende a perspectiva dos medios de comunicación.

O prazo de inscrición para asistir a xornada está aberto dende hoxe e rematará o día 22 de febreiro. Para formalizar a solicitude pódese realizar a través da páxina web www.observatoriodosmedios.org ou cubrindo o formulario que está a disposición na Casa Consistorial. Debe dirixirse cuberto ao Observatorio Galego dos Medios situado na rúa San Pedro de Mezonzo, 48-1ºC en Santiago de Compostela.

Dende o pasado día 15 o foro de participación virtual está aberto e convida a un encontro internacional para a análise, crítica e discusión dos temas que máis afectan á xuventude: dende a esfera comunicativa, a representación da mocidade nos medios de comunicación, os conflitos xeracionais ou a educación, entre outros. Este complexo debate está aberto na web: www.observatoriodosmedios.org

A xornada do día 22 oferta un completo programa no que participan profesionais de referencia e remata coa exposición das conclusións do foro virtual. O acto de clausura contará coa presenza da Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo e do Director Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Máis información no Observatorio Galego dos Medios: teléfono 981 936 709 ou na páxina web www.observatoriodosmedios.org


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova