Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo promociona en Las Vegas (EE.UU.) o Open Internacional de Billar Pool de Lugo


# Martes, 15/05/2007


Rubén López, xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, leva xa uns días na cidade estadounidense de Las Vegas, promocionando o Open Internacional de Billar Pool que se celebrará en Lugo del 6 al 8 de xullo de 2007.

Las Vegas é a cidade máis grande do estado de Nevada (EE.UU.) e é mundialmente coñecida pola sua oferta comercial e vacacional, pero sobre todo gracias aos seus casinos. Las Vegas é ademais unha das principais capitais mundiais do billar, onde cada ano se reúnen os mellores xogadores na desputa de premios millonarios.

En concreto, Rubén López participa con Peter Aprile, Director de Asuntos Internacionais da Confederación Española de Pool no Congreso Americano de Billar (BCA) e no Campionato Internacional de Bola 8 2007. Neste campionato participan arredor de 5.000 xogadores e ten unha cuantía de 750.000 dólares en premios.

O xerente do recinto feiral lucense tivo unha reunión con Bill Stock, Director Deportivo dos torneos da BCA, co que pactou a promoción en Las Vegas dos campionatos que se celebrarán en Lugo os próximos meses de xuño e xullo (colocación de publicidade nas vías públicas do hotel Riviera, lugar onde se están xogando os campionatos americanos).

Do mesmo xeito, López mantén reunións diarias con diversas estrelas de pool mundiais tales como Francisco Bustamante, Fabio Petroni, Neils Feijen ou Ralf Souquet, co obxectivo de que pechen a súa participación nos campionatos de Lugo.

Confirmado xa para os torneos de Lugo está Tony Drago, profesional de Snooker que é recoñecido como o xogador máis rapido do mundo e que ten varios records no libro Guinness. Tamén pechou a súa participación para Lugo David Alcaide de Málaga que quedou noveno no Campionato do Mundo de Bola 9 que se celebrou en Manila (Filipinas) o pasado mes de novembro.

Open Internacional, Campionato de España, Campionato Galego e VI Gala Nacional de Billar Pool 2007 en Lugo

A Asociación Galega de Billar Pool e a Federación Galega de Billar, foron designadas polo comité deportivo da Real Federación Española de Billar e a Confederación Española de Pool para organizar o Open Internacional, o Campionato de Españae o Campionato Galego de Billar Pool. Ditos campionatos celebraranse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a finais de xuño e principios de xullo do 2007.

No Campionato de España participarán aproximadamente 2.000 xogadores, representando ás 17 autonomías, entre os que se repartirá 175.000 € en premios.
Os mellores xogadores do mundo participarán no Open Internacional. Espéranse arredor de 400 xogadores de 24 países diferentes.

Finalmente, no Campionato Galego participarán uns 1.800 xogadores de tódolos puntos de Galicia entre os que se repartirán arredor de 96.000 € en premios.
Un evento destas características, nunca antes celebrado na cidade de Lugo, terá unha repercusión deportiva internacional pero ademais suporá un impacto socioeconómico moi importante para a cidade. Sen contar acompañantes e seguidores, pasarán por Lugo arredor de 5.000 xogadores.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova