Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As pistas Gregorio Pérez Rivera serán o esceario da penúltima carreira do circuíto Corre con Nós


# Mércores, 16/05/2007
A saída será ás cinco da tarde do sábado

O sábado terá lugar a penúltima carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007, que organiza a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, patrocinada por el Centro Comercial As Termas e a marca deportiva New Balance.

A proba, que se disputará en horario de tarde, terá como saída e meta as pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, dende onde partirán os corredores e corredoras para percorrer distintos circuítos no contorno das citadas pistas.

Esta carreira tiña a súa cita no Parque do Miño, pero houbo que cambiala de lugar debido a que as obras que están a punto de rematar na beira do río aínda non o permiten por seguridade.

A primeira carreira para os máis pequenos sairá ás cinco da tarde e darán dúas voltas ás pistas de atletismo percorrendo una distancia de 800 metros. A segunda carreira para a categoría B transcorrirá por un circuíto de 1.400 metros con saída e chegada ás pistas de atletismo. A terceira, para as categorías “C” e “D” dará unha volta ao circuíto grande discorrendo entre as pistas de atletismo, a Escola de Relacións Laborais e as explanadas do pazo universitario para completar un percorrido de 2.400 metros aproximadamente. A última carreira, a absoluta, contempla 5.000 metros, dando dúas voltas grandes ao circuíto da anterior categoría para rematar dando una volta ás pistas Gregorio Pérez Rivera.

Os atletas terán a súa disposición os vestiarios e as duchas da instalación, así coma o refrixerio habitual ao finalizar a carreira.

As novas inscripcións rematan o venres ás dúas da tarde, na Concellería de Deportes, non permitindo a nova inscrición o mesmo día da carreira. Tomouse esta medida para manter un nivel organizativo de cara aos atletas inscritos e evitar alterar os horarios establecidos, xa que está prevista novamente unha elevadísima participación.

Deste xeito, os inscritos que xa participaran nas outras carreiras poderán usar o dorsal e o chip que xa posúen e os que non o teñan poderán recollelo até unha hora antes do comezo da carreira.

Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español.

Trátase dun circuíto composto por unha carreira por mes con catro categorías para pequenos e dez para adultos. As oito carreiras do circuíto rematarán o 10 de xuño no marco do parque da Milagrosa.

Participando en cinco carreiras do circuíto, tanto pequenos como adultos, obterán como premio un vale de 60 euros para trocar por material deportivo en Deportes Élide. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Os interesados en inscribirse ou informarse sobre os percorridos e os horarios poden facelo a través da web www.deportes.lugo.es/correconnos ou na municipal.

A próxima carreira, a última, será o 10 de xuño no Parque da Milagrosa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova