Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Asociación Xuvenil do Sagrado Corazón en colaboración co Concello celebrará un desfile para acadar fondos para os seus clubs deportivos


# Mércores, 16/05/2007


O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de acadar fondos para os seus clubs deportivos. Na organización do evento están implicadas máis de 200 persoas.

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 18 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo. O prezo das entradas é de 6 euros e poderán adquirirse na taquilla da discoteca.

Esta asociación de mozos foi fundada en 1990 e conta con 200 socios, todos vinculados ao mundo do deporte e en especial ao baloncesto, actividades de ocio e tempo libre. Durante o desfile, terá lugar a presentación dos novos equipos de baloncesto C.B. Sagrado Corazón e C.P. Maristas.

Para esta actividade contan coa colaboración de diversos establecementos de roupa e complementos da cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova