Imprimir

A ASOCIACIÓN XUVENIL DO SAGRADO CORAZÓN EN COLABORACIÓN CO CONCELLO CELEBRARÁ UN DESFILE PARA ACADAR FONDOS PARA OS SEUS CLUBS DEPORTIVOS


16/5/2007

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de acadar fondos para os seus clubs deportivos. Na organización do evento están implicadas máis de 200 persoas.

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 18 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo. O prezo das entradas é de 6 euros e poderán adquirirse na taquilla da discoteca.

Esta asociación de mozos foi fundada en 1990 e conta con 200 socios, todos vinculados ao mundo do deporte e en especial ao baloncesto, actividades de ocio e tempo libre. Durante o desfile, terá lugar a presentación dos novos equipos de baloncesto C.B. Sagrado Corazón e C.P. Maristas.

Para esta actividade contan coa colaboración de diversos establecementos de roupa e complementos da cidade.