Imprimir

O CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO ACHEGA ESTE DOMINGO A LUGO A MÁIS DE 600 ATLETAS


18/5/2007

Lugo acolle o vindeiro domingo, día 20, o Campionato Galego de Atletismo Cadete e Xuvenil, que se celebrará nas pistas Gregorio Pérez Rivera a partir das 10:30 horas.

Esta competición achegará a Lugo a máis de 600 atletas de toda Galicia que disputarán as probas das distintas modalidades de atletismo (velocidade, valados, saltos, lanzamento, etc.). Estas probas son puntuables para o vindeiro campionato nacional escolar que se celebrará en Ibiza.

Para a celebración deste campionato na cidade desplegaranse medios técnicos e humanos equiparables aos das competicións internacionais de primeiro nivel. Un equipo de 20 xuíces, 15 axudantes de pista e 15 auxiliares de pista darán asistencia aos rapaces, que disputarán ata 70 competicións das que sairán os seleccionados para representar a Galicia en Ibiza. Ademais, estrearase un sistema de photo finish que é o único autorizado polas federacións para establecer as marcas de tempo.