Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O campionato de pachangas deseñado polos radares xuvenís continúa este venres


# Mércores, 23/05/2007


O Concello de Lugo organiza un campionato de pachangas entre alumnos dos IES de Xoán Montes, Lucus Augusti, A Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ánxel Fole e Leiras Pulpeiro. Esta actividade obedece a unha proposta realizada polos radares xuvenís que traballan nos centros mencionados e que recolleron dos propios compañeiros.

Este campionato, que comezou o pasado día 18, continúa este venres 25 de maio, desde as 17:30 ata as 20:30 horas, nas instalacións deportivas dos institutos participantes. As vindeiras citas terán lugar o 1, 15 e 22 de xuño.

As pachangas xogaranse de dúas modalidades deportivas, fútbol sala e baloncesto, e dentro de cada unha delas establécense dúas categorías: unha categoría A, para os alumnos de ESO, e unha categoría B, para estudiantes de BAC.

Durante a competición levarase a cabo unha liga por cada modalidade e categoría na que se enfrontarán, de xeito directo, todos os equipos participantes. De estes partidos sairán os catro finalistas que xogarán a final (o 1º e 2º clasificado de cada liga) e a semifinal (o 3º e 4º clasificado) o sábado 23 de Xuño dentro do programa “Elixe a túa Noite”.

En total participan 18 equipos mixtos formados por 68 mozos na modalidade de fútbol e 34 mozos na de baloncesto.
Os tres primeiros clasificados de cada modalidade e categoría recibirán como premio vales para unha tenda de deportes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova