Imprimir

O CAMPO DE FÚTBOL DO POLVORÍN CONTARÁ CO NOVO CÉSPEDE ARTIFICIAL PARA A VINDEIRA TEMPADA


24/5/2007 O edil de Deportes anunciou que comenzarán as obras de instalación a principios de xuño

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou esta mañá que o Consello da Xunta de Galicia aprobou o orzamento de 210.000 euros que a Consellería de Educación vai destinar para as obras de reforma do campo de fútbol de O Polvorín.  

As obras, que acometerá o Concello de Lugo, consistirán na instalación dun novo céspede artificial de última xeración e contan cun orzamento que ascende a 420.000 euros, dos cales o Concello pon 210.000 euros. Os traballos comezarán a principios de xuño e está previsto que rematen antes do principio da nova tempada futbolística.