Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello, en colaboración coa Federación Galega de Tenis, crea unha Escola de Tenis para fomentar este deporte en Lugo


# Xoves, 24/05/2007
Ofertará cursos de iniciación para nenos e adultos e impartiranse ao longo do verán

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou, xunto ao Vicepresidente da Federación Galega de Tenis, Enríque Rodríguez, e ao Delegado en Lugo da Federación Galega de Tenis, José Carlos Fernández Espiño, a Escola de Tenis de Verán que o Concello creou en colaboración con esta federación deportiva.

O Concelleiro salientou que “esta iniciativa é pioneira na cidade e, ademais de servir de actividade de verán, contribuirá a fomentar un deporte saudable e consolidar a súa práctica”.

A escola ofertará cursos de iniciación, que se impartirán entre o 19 de xuño e o 15 de setembro, van destinados a rapaces de entre 6 a 14 anos e a persoas maiores de 14 anos con desexos de iniciarse no tenis. As clases terán lugar nas canchas de tenis municipais os martes e os xoves de 18:00 a 20:00 horas.

Os interesados en participar deben formalizar a súa inscrición antes do 15 de xuño nas oficinas de Deportes do Concello situadas na Piscina de Frigsa. Esta actividade é gratuíta e o único requisito establecido é que hai que federarse para o que se deben pagar unhas taxas de 12,84 euros os menores de 14 anos, e de 18,95 euros os maiores de 14 anos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova