Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O IV Torneo C.D. Lugo de Fútbol Infantil será disputado por 21 equipos


# Venres, 25/05/2007
Celebrarase por primeira vez no Campo Municipal da Cheda e congregará equipos de Asturias, León, Galicia e Portugal

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o IV Torneo C. D. Lugo de Fútbol Infantil xunto ao Presidente do C.D. Lugo, José Bouso, e ao adestrador da categoría infantil, Adrián Fernández.

Este campionato será disputado por 21 equipos e este ano internacionalizase coa presencia do equipo portugués Sporting de Braga. Ademais, contará coa participación de equipos de Asturias -como o Real Oviedo ou o Sporting de Xixón-, de Castela e León -como o Ponferradina- e de toda Galicia.

Os encontros distribúense en dúas fases; na primeira enfrontaranse os 13 equipos da provincia divididos en catro grupos. Os catro vencedores xogarán a segunda fase co resto dos participantes. A primeira fase celebrarase o venres, 25 de maio, entre as 16:00 e as 21:00 horas e o sábado, día 26, en horario de 10 a 14 da mañá e, pola tarde, de 16:00 a 22:00 horas.

O torneo rematará cos encontros da segunda fase, que terán lugar os días 1, 2 e 3 de xuño. O venres, día 1, o horario de xogo será de 18:00 a 22:00 horas; o sábado haberá un turno de mañá, de 10 a 14; e outro de tarde, de 17:00 a 21:00 horas. O domingo, día 3 de xuño, disputaranse as semifinais do torneo entre as 10:00 e as 13:00 horas. A final terá lugar ás cinco da tarde e o campionato pecharase coa entrega de trofeos a partir das 18:30 horas.
Cada equipo chegará a Lugo cunha media de 20 xogadores, que disputarán partidos de dous tempos de vinte minutos de duración, excepto nas semifinais e na final, que serán de 30 minutos. Os encontros terán lugar no Campo da Cheda, que acolle por vez primeira este campionato.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova