Cargando....
Concello de Lugo
04/10/22
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Deportes celebrará unha nova edición do campus de baloncesto en Frigsa


#
Está destinado a rapaces de entre 6 e 12 anos e a inscrición pode realizarse até o día 16 de xuño

A Concellería de Deportes lucense, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, celebrará nas instalacións deportivas municipais de Frigsa o Campus de Baloncesto de Base Cidade de Lugo entre o día 25 de xuño e o 1 de xullo.

Este campus está destinado a rapaces de 6 a 12 anos e contempla a celebración de adestramentos de baloncesto, campionatos de 1x1, 2x2, 3x3 e 5x5, concursos de tiro, piscina, xogos tradicionais e con material alternativo e tenis.

As xornadas de convivencia serán en horario partido, de 10:30 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas.

O prazo de inscrición está xa aberto e así se manterá ata o día 16 de xuño. A solicitude debe facerse na Concellería de Deportes, situada no edificio da Piscina Municipal de Frigsa, en horario de 90:00 a 14:00 horas. O campus terá un custe de 45 euros. A admisión se realizará por orde de inscrición.

Os interesados en participar neste campus poden solicitar información sobre o mesmo na propia Concellería ou a través do número de teléfono 982 206 340, no fax 982 265 210 ou no correo electrónico deportesarrobaconcellodelugo.org


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova