Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o curso de vixilante de seguridade organizado e subvencionado polo Concello


# Xoves, 15/02/2007
Será un grupo mixto de vinte persoas o que se formará nas instalacións de Cetssa

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Área de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, inicia mañá, venres, o curso de vixilante de seguridade, que se impartirá a cargo do Grupo Cetssa.

Este curso está subvencionado polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo, o que fixo que quedase reducido a un tercio o prezo do curso, que normalmente ronda os 900 euros e polo que agora se pagarán 320.

Un total de vinte persoas, conformando un grupo mixto, inscribíronse nesta acción formativa, cubrindo deste xeito todas as prazas. Por acordo dos alumnos, o curso cambiará de horario impartíndose os venres, de nove a dúas e de catro a dez, e os sábados de nove a dúas, cunha duración de 180 horas. O día 4 de maio realizarase a clausura e a entrega de certificados. As clases terán lugar nas instalacións do grupo Cetssa, situadas na rúa Río Sil, 64. A formación estará a cargo de Pepe Riopedre.

Os contidos do curso dividiranse en dous módulos, xurídico, socio profesional, técnico profesional e instrumental. Neste último trataranse temas como as comunicacións, detección, contra incendios, primeiros auxilios, preparación física, defensa persoal, armamento e tiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova