Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nova conferencia do programa Convivir xuntos destinada a pais


# Luns, 19/02/2007
Será o mércores no Uxío Novoneyra, ás sete e media da tarde

O Centro Social Uxío Novoneyra acolle o mércores, ás sete e media da tarde, unha nova conferencia dentro do programa Vivir xuntos, convivir, posto en marcha pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro.

Nesta xornada presentaranse as liñas xerais do programa co ánimo de atopar formas de colaboración coas familias para a erradicación da violencia nas aulas e fomentar a conviviencia nos centros educativos da cidade, que é a finalidade que persegue o programa.

Rosa Pulido Valero, profesora e investigadora da Universidade de Alcalá de Henares, ofrecerá unha charla co título Previr a violencia dende a familia.

Esta charla é aberta a todos os públicos e recoméndase especialemnte para pais e nais porque a eles vai dirixida.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova