Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o prazo de inscrición para o curso de formación de monitores para a prevención


# Luns, 26/02/2007
Está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo

Por segundo ano consecutivo, o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias organiza un curso de formación de monitores para prevención dende o tempo de lecer que arrincará no mes de marzo e para o que esta semana pecha a inscrición.

O curso constará de setenta horas dividíndose en 50 de formación teórica e 20 de práctica.

Debido ao éxito experimentado o ano pasado, formaranse tres grupos con distintos horarios de clases. O primeiro será os venres de catro a nove, o segundo os sábados de nove a dúas e o terceiro na tarde do sábado co mesmo horario que os venres.

A inscrición no curso é totalmente gratuíta. O lugar no que presentar a documentación para a inscrición é o Servizo de Prevención de Drogodependencias, no Centro Social Uxío Novoneyra. Deberá presentarse a folla correctamente cuberta acompañada da fotocopia do DNI e dunha foto carné.

A inscrición realizarase por orde de entrada e terán preferencia aqueles que non realizaran o curso con anterioridade.

A lista de admitidos publicarase o día 2 de marzo e poderá comezarse co curso o día 9, para o primeiro grupo, e o 10 para o segundo. Está previsto que a parte teórica remate entre o 25 e o 26 de maio e a práctica o 22 e 23 de xuño. A entrega de certificados será o día 26 dese mesmo mes.

Os interesados en obter información sobre o curso poden facelo a través da web www.prevenciondrogas.lugo.es ou no número de teléfono 982 28 48 16.

Este curso está organizado polo Concello de Lugo, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, e financiado polo Plan Nacional de Drogas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova