Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acollerá aos catrocentos atletas participantes na XIX Triatlón do Miño


# Mércores, 20/06/2007
A proba terá lugar os días 23 e 24 de xuño

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva, e ao o representante da asociación Deportiva Fefeme, José Ángel Fernández, a XIX Triatlón do Miño. Esta mítica proba disputarase os días 23 e 24 de xuño en Lugo, que acollerá aos catrocentos atletas inscritos.

Esta proba é un clásico no calendario deportivo do calendario deportivo lucense pero que este ano ten un engadido extraordinario como é que forme parte da Liga Nacional de Clubes de 1ª e 2ª División. O edil explicou que “este deporte está conseguindo grandes logros na cidade cos triunfos do Cidade de Lugo de Triatlón, ademais de atraer a moito público”.

En cada unha das divisións participarán dez equipos masculinos e dez femininos, entre os que figurarán deportistas da categoría de Javier Gómez Noya, David Castro, Saleta Castro, Aida Valiño ou Alba Cuba.

O sábado, día 23, terá lugar a carreira da Segunda División. O percorrido iniciarase na Área Recreativa dos Robles ás 17:00 horas a categoría feminina e ás 17:45 horas a masculina. Primeiro disputarase a proba de natación, seguida da bicicleta e rematará coa carreira a pé polo adarve da Muralla. A meta estará situada diante do Concello, na Praza Maior.

O domingo, día 24, celebrarase a proba da Primeira División. As atletas partirán ás 11 da mañá, e os homes sirán ás 11:45 horas da Área Recreativa dos Robles. Ainda que varía o percorrido da carreira de bicicleta con respecto á segunda División, a meta tamén estará ubicada diante do Concello.

Os premios ascenden a 5.000 euros para repartir entre os gañadores de cada categoría.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova