Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O II Criterium Aeronáutico-Galicia achegará a Lugo a máis de 2.000 afeccionados ao deporte do voo


# Venres, 20/07/2007


O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o II Criterium Aeronáutico-Galicia. O acto de presentación tivo lugar esta mañá ás 11:15 horas no Salón de Actos da Deputación e contou coa presencia do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Castro de Rei, Xoán Xosé Díaz Valiño, e o Presidente do Real Aeroclub, Luis Abelleira.

Este acontecemento deportivo celebrarase entre os días 26 e 29 de xullo no Aeródromo de Rozas e achegará a máis de 2.000 persoas a Lugo. O programa de actividades desta segunda edición do Criterium Aeronáutico-Galicia coincide coa XXIV Volta Aérea Galaico-Duriense e a exhibición de saltos da Patrulla Acrobática Paracaídista do Exército do Aire (PAPEA).

Ademais, ofrecerá unha completa programación de actividades alternativas para afeccionados e público en xeral como mostras de voos acrobáticos, de planeadores e ultralixeiros, ou aeromodelismo, entre moitas outras.

O Concelleiro de Deportes salientou a importancia que está a acadar a cidade de Lugo como escenario de probas deportivas de primeiro nivel: “pois tras o éxito do Mundial de Billar Pool que achegou á cidade a máis de 4.000 persoas, agora temos o orgullo de acoller este acontecemento de referencia nacional e portuguesa”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova