Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Publicada a lista de admitidos no curso de formación de monitores para a prevención


# Venres, 02/03/2007
Está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias publica hoxe a lista de admitidos no curso de formación de monitores para prevención dende o tempo de lecer que arrincará a fin de semana do 9 e 10 de marzo.

A lista pode consultarse no taboleiro de anuncios de Centro Social Uxío Novoneyra e na páxina web do Servizos de Prevención das Drogodependencias, www.prevenciondrogas.lugo.es.

Debido ao éxito experimentado o ano pasado, formaranse tres grupos con distintos horarios de clases. O primeiro será os venres de catro a nove, o segundo os sábados de nove a dúas e o terceiro na tarde do sábado co mesmo horario que os venres. Foron admitidas un total de 50 persoas.

O curso comezará o día 9, para o primeiro grupo, e o 10 para o segundo eo terceiro. Está previsto que a parte teórica remate entre o 25 e o 26 de maio e a práctica o 22 e 23 de xuño. A entrega de certificados será o día 26 dese mesmo mes. O curso consta de setenta horas dividíndose en 50 de formación teórica e 20 de práctica.

Os interesados en obter información sobre o curso poden facelo a través da web do servizo ou no número de teléfono 982 28 48 16.

Este curso está organizado polo Concello de Lugo, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, e financiado polo Plan Nacional de Drogas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova