Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha proxección inicia o programa de actos en homenaxe ás mulleres


# Luns, 05/03/2007
O concerto de Pasión Vega, unha marcha, premios, itinerarios culturais, teatro e contacontos son algunhas das actividades previstas

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, abre mañá, martes, o programa de actos organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

Trátase de actividades feitas por mulleres pero dirixidas a todo o público “para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, que é a finalidade destas actuacións”. O programa se desenvolverá até o día 13.

O primeiro destes actos, será unha proxección no Centro Social Uxío Novoneyra, ás doce da mañá co título “O traballo invisible das mulleres”. Está elaborado en colaboración coa Consellería de Traballo.

Será o propio día 8 no que se centrarán os actos máis significativos, coa entrega dos premios Entre Mulleres. A cita será ás doce da mañá e será outorgado de forma individualizada ás condutoras de autobús e tamén á funcionaria de vixilancia aduaneira. Tamén será premiada unha muller da zona rural.

Media hora antes, o Concello, xunto coas mulleres membros da asociación de autónomas Concepción Arenal, farán unha homenaxe a esta histórica figura feminina. Será na praza da Constitución.

Ás dez da noite actuará Pasión Vega, la Reina del Pay-Pay, en el Auditorio Gustavo Freire. As entradas estarán á venda dende o venres e até unha hora antes do concerto na Oficina Municipal de Turismo da praza da Constitución. Teñen un prezo de dos euros.

Ese mesmo día, pero as oito, unha charla sobre o deporte feito por mulleres clausurará o ciclo de conferencias que organiza o Azkar Lugo con motivo da celebración en Lugo da Copa de España de fútbol sala.

O venres o programa contará cunha sesión de contacontos ás cinco e media da tarde na praza de Campo Castelo. Estará a cargo de Fátima Fernández Gómez. Continuarase cun espectáculo circense de rúa a cargo do grupo feminino Azulkillas, que porán en escea “Historias de un baúl”, utilizando números aéreos e acrobacias.

A xornada finalizará cun concerto de Batuko Tabanka na praza de Campo Castelo.

O sábado repítese a experiencia do ano pasado coa celebración do Itinerario de mulleres. Este terá lugar entre o parque Rosalía de Castro e o Museo Provincial despois de percorrer diversas prazas e rúas. O itinerario estará guiado polo escritor Xoán Ramiro Cuba Rodríguez.

O domingo repetirase a tradicional marcha pola igualdade, que chega á súa cuarta edición dando, como é tradicional, dúas voltas pola muralla en colaboración coa Concellería de Deportes. Esta marcha sairá ás once e media da mañá da praza Maior e remtará á unha cunha chocolatada con produtos do comercio xusto. Estará animada por pandereteiras e cantareiras de Cantigas e Flores e polo Cuarteto do Sol.

O programa chegará ao seu final o día 13 coa presenza de Rosa Peris en Lugo. A Directora del Instituto de la Mujer manterá ás once un encontro cos periodistas, na Casa da Muller, e ás oito ofrecerá unha conferencia sobre a Lei da igualdade no Salón de Actos do Instituto Lucus Augusti.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Paralelamente, estes días convocarase un premio periodístico a nivel nacional que leva por título Muralla Aberta. Haberá dous premiados, por unha banda un artigo e pola outra unha fotografía, con 1.500 euros de remuneración para o gañador de cada categoría.

Ademais, as tres ociotecas serán o marco duns cursos de cociña infantil para fomentar a ingualdade entre nenos e nenos. Tamén haberá cursos de cociña práctica e tarefas do fogar para mozas e mozos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova