Imprimir

O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE NATACIÓN ORGANIZADOS POLO CONCELLO REMATA O DIA 12 DE SETEMBRO


10/9/2007 As solicitudes deben presentarse nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras

O prazo para inscribirse nos cursos de natación, que organiza a Concellería de Deportes para a vindeira tempada, remata este mércores, 12 de setembro.

As solicitudes deberán presentarse na piscina municipal na que se queira facer o curso e as matrículas formalizaranse nas oficinas da Concellería de Deportes, situadas no Polideportivo de Frigsa.

Para máis información pódense consultar os horarios dos cursos na web municipal www.lugo.es.