Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias inicia un curso de alfabetización


# Martes, 06/03/2007
Completa unha serie de catro accións formativas subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias inicia mañá, mércores, un curso dentro do novo programa de actuacións subvencionado polo Plan Nacional de Drogas e a venda de obxectos decomisados na loita contra as drogas.

Trátase do curso de alfabetización no Carqueixo, que se desenvolverá todos os mércores dos meses de marzo, abril, maio e xuño.

Ademais, a pasada semana deu comezo outro destes programas, que leva por título “E ti, ¿comunicas?” e consiste nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais. Ten lugar todos os xoves e venres até o 23 de marzo, de catro a sete da tarde. Está dirixido a mozas e mozos de 12 a 20 anos. Desenvólvese na terceira planta do Centro Social Uxío Novoneyra.

Outra das actuacións é o ciclo de cine xuvenil que, co título Alucine, se iniciou o venres e que se prolongá até o 25 de maio todos os venres. As proxeccións teñen lugar no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra, entre as sete e media e as nove e media da tarde.

O ciclo conta cun programa de 12 proxeccións con películas de varias nacionalidades e todas elas cun recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.

O último programa en dar comezo será un de educación para a saúde, que se celebrará todos os xoves e venres de catro a sete da tarde. Iniciarase o 29 desde mes e finalizará o 27 de abril. Está dirixido a mozas e mozos de 12 a 20 anos e se impartirá no Centro Social Uxío Novoneyra.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova