Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o Campionato Galego de Armas Neumáticas


# Venres, 28/09/2007
A competición forma parte das actividades organizadas pola Concellería de Deporte para as festas de San Froilán

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío e representantes da Federación Galega de Tiro, presentaron o Campeonato Galego de Armas Neumáticas que terá lugar este domingo día 30 de setembro na galería de tiro de Frigsa a partir das 10:00 horas.

O Concelleiro indicou que esta vai ser a primeira competición deste calibre que se dispute na galería de tiro dende que se inaugurou”.

Díaz Grandío explicou que esta actividade está enmarcada dentro das actividades organizadas pola súa Concellería para ás Festas do San Froilán que arrancan o sábado día 29 coa Marcha Cicloturista Cidade de Lugo qu sairá ás 14:00 horas da Praza Maior.

O campeonato reunirá na instalación de Frigsa os mellores competidores galegos de pistola e carabina de aire comprimido nas categorías xuvenil e cadete masculino e feminino. Serán un total de 40 participantes e deles 20 lucenses.


Marcha Cicloturista BTT

O domingo terá lugar tamén a VII Marcha Cicloturista BTT que sairá ás 9:00 horas dende a Piscina Municipal de Frigsa. Serán un total de 150 corredores os que fagan un percorrido de 50 quilómetros polos montes que rodean a cidade de Lugo.

Os acompañantes dos ciclistas poderán disfrutar mentras tanto dunha visita turística guiada por Lugo para coñecer a cidade.

Unha vez finalizada a proba, sobre as 14:30 horas, os asistentes disfrutarán dunha pulpada en compañía da organización nunha carpa instalada preto da piscina municipal, onde recibirán, ademais, un recordo pola súa participación na proba e distintos trofeos conmemorativos da mesma.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova