Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A actuación de Pasión Vega, prato forte do programa elaborado polo Concello en homenaxe ás mulleres


# Mércores, 07/03/2007
Durante o xoves haberá unha homenaxe a Concepción Arenal, unha conferencia do Azkar Lugo e a entrega de premios Entre Mulleres

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, continúa mañá co programa de actos organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que se celebra de xeito oficial mañá.

Trátase de actividades feitas por mulleres pero dirixidas a todo o público “para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, que é a finalidade destas actuacións”. O programa se desenvolverá até o día 13.

Os actos máis significativos deste programa terán lugar na xonrada de mañá comezando ás doce, coa entrega dos premios Entre Mulleres. Serán outorgados de xeito individualizado ás condutoras de autobús, a unha funcionaria de vixilancia aduaneira e a unha muller da zona rural.

Ás 13:30 horas, o Concello, xunto coas mulleres membros da asociación de autónomas Concepción Arenal, farán unha homenaxe a esta histórica figura feminina. Será na praza da Constitución.

Ás dez da noite actuará Pasión Vega, co seu disco La reina del pay-pay, no Auditorio Gustavo Freire. Será o prato forte do programa. As entradas están á venda dende o venres e até unha hora antes do concerto na Oficina Municipal de Turismo da praza da Constitución. Teñen un prezo de dous euros.

Tamén ese mesmo día, pero as oito, unha charla sobre o deporte feito por mulleres clausurará o ciclo de conferencias que organiza o Azkar Lugo con motivo da celebración en Lugo da Copa de España de fútbol sala.

Nesta conferencia de clausura estarán presentes a Secretaria Xeral de Igualdade de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Carme Adán; a patinadora artística Tamara Valderrama e a profesora universitaria Emilia Fernández.

Ademais, as tres ociotecas do Concello, situadas nos centros sociais da Milagrosa, Fontiñas e Uxío Novoneyra, serán o marco duns cursos de cociña infantil para fomentar a ingualdade entre nenos e nenos. Serán mañá pola tarde, a partir das seis. Tamén haberá cursos de cociña práctica e tarefas do fogar para mozas e mozos ao largo desta semana.

RESTO DO PROGRAMA

O venres o programa contará cunha sesión de contacontos ás cinco e media da tarde na praza de Campo Castelo. Estará a cargo de Fátima Fernández Gómez. Continuarase cun espectáculo circense de rúa a cargo do grupo feminino Azulkillas, que porán en escea “Historias de un baúl”, utilizando números aéreos e acrobacias.

A xornada finalizará cun concerto de Batuko Tabanka na praza de Campo Castelo.

O sábado repítese a experiencia do ano pasado coa celebración do Itinerario de mulleres. Este terá lugar entre o parque Rosalía de Castro e o Museo Provincial despois de percorrer diversas prazas e rúas. O itinerario estará guiado polo escritor Xoán Ramiro Cuba Rodríguez.

O domingo repetirase a tradicional marcha pola igualdade, que chega á súa cuarta edición dando, como é tradicional, dúas voltas pola muralla en colaboración coa Concellería de Deportes. Esta marcha sairá ás once e media da mañá da praza Maior e remtará á unha cunha chocolatada con produtos do comercio xusto. Estará animada por pandereteiras e cantareiras de Cantigas e Flores e polo Cuarteto do Sol.

O programa chegará ao seu final o día 13 coa presenza de Rosa Peris en Lugo. A Directora del Instituto de la Mujer manterá ás once un encontro cos periodistas, na Casa da Muller, e ás oito ofrecerá unha conferencia sobre a Lei da igualdade no Salón de Actos do Instituto Lucus Augusti.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Paralelamente, estes días convocarase un premio periodístico a nivel nacional que leva por título Muralla Aberta. Haberá dous premiados, por unha banda un artigo e pola outra unha fotografía, con 1.500 euros de remuneración para o gañador de cada categoría.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova