Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza unha visita guiada á exposición da Fundación Caixa Galicia


# Mércores, 07/03/2007
O prazo de inscrición remata o día 13 deste mes

O Servizo de Animación Sociocultural do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, realizará unha visita guiada á exposición “O esplendor da cerámica española”, da colección Fundación Francisco Godia, organizada pola Fundación Caixa Galicia.

Esta visita terá lugar o día 20 de marzo, de doce a unha da mañá e está dirixida a toda a poboación.

Para participar na mesma é necesario inscribirse no centros sociais municipais de Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra antes do día 13 deste mes.

Esta actividade é gratuíta e aberta a poboación de todas as idades, pero existe unha limitación de 30 prazas repartidas entre os tres centros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova