Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe ó campión de España de boxeo


# Martes, 09/10/2007
Alberto Piñeiro é o primeiro lucense que consegue este premio

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron no Salón de Plenos do Concello ó campión de España de boxeo de peso medio na categoría junior.

Alberto Piñeiro Louzao conquistou este galardón na localidade alacantina de Guardamar del Segura, onde se disputaba o trofeo. É o primeiro lucense que consegue este premio nacional o que, para o Alcalde, supón un recoñecemento a un gran esforzo e pos suposto, permitirá que o nome de Lugo se escoite con orgullo por todos os rincóns.

Alberto Piñeiro, coñecido como Piña, adestra no Boxing Club Cidade de Lugo con José Luis Álvarez, Rocky, e xa participou en varias ocasión en exhibicións organizadas co Club ó que pertence e co Concello de Lugo. Leva no mundo da competición dende hai dous anos e xá a xonseguido ser campión de España con tan só 18 anos.

Piñeiro recibiu este ano ademais o Premio de recoñecemento ó deporte lucense que organiza o Grupo El Progreso, na categoría de boxeo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova