Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A revista virtual Foeminas publica o número correspondente ao mes de marzo


# Mércores, 07/03/2007
Os seus lectores xa a poden ler na web municipal

A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina www.lugo.es . Esta publicación virtual que cumpriu un ano o pasado mes de decembro, chega ao número quince da súa andaina.

Este número ten un carácter moi especial, pois está dedicada á figura emblemática de María Castaña, “unha muller de armas tomar”.

O sumario deste decimoquinto número aborda os seguintes temas:
- No apartado de Historia de Mulleres publícase unha reportaxe sobre a vida de María Castaña, símbolo da defensa dos dereitos.
- Na Galería de Arte trátase a obra de Mona Hatoum, unha muller libanesa que acadou a visibilidade no intrincado mundo aínda masculino da arte e non deixou de expresar na súa obra a súa condición feminina.
- Na Portada publícase a reportaxe Hace calor… sobre o problema da contaminación medioambiental. Por outro lado, recóllese unha reseña do traballo realizado pola Casa da Muller coas “V Xornadas sobre Violencia de Género”.
-Tamén inclúese o documento Viaxeras que achega ao lector un mundo marabilloso da man de Silvia Dopazo.
- Non pode faltar nesta sección a tradicional reflexión titulada Sin ti no soy nada…
- Por último, destaca neste apartado de Portada, o artigo da Igualdina ou o fármaco placebo da equidade, que aborda a orixinal campaña publicitaria deseñada pola Concellería de Muller e Benestar Social.
- Na sección Contemporánearroba preséntase a obra da artista experimental Laura Pernas Yáñez e, no apartado Mullerciclopedia, Jose Lemur ofrécenos unha ollada ao traballo da polifacética Cristina Rosenvige.
- Para pechar esta nova entrega mensual, en MullerRecetario publícase a terceira e derradeira parte de Berenxenal, unha nova forma de cociñar as berenxenas experimentada pola Tía Mari.

Revista Foeminas: http://foeminas.lugo.es




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova